Join Nostr
2024-08-14 14:14:01 UTC

Marcos Taracido on Nostr: Periodistas: non, non se pode dicir que "identifican os restos de Teodomiro" ou ...

Periodistas: non, non se pode dicir que "identifican os restos de Teodomiro" ou ningún aserto semellante. Datan os restos do sartego que leva o nome do bispo Teodomiro como pertencentes ao século nove. Que poden ser os de Teodomiro? Poden. Poden non selos? Poden. E todavía menos dicir que foi o bispo que atopou os restos de Santiago Apóstolo; foi o bispo que DIXO que atopou os restos de Santiago Apóstolo. Para crer que aí está o apóstolo de Xesús hai que ter moita fe.
#teodomiro