A ver, sei que vai medio a broma, pero coa iniciativa individual non se fai máis que dar un paso cara adiante mentres se dan catro pasos cara atrás.
Obviamente o galego non se amaña dando a chapa; amáñase normalizando a súa imposición en todas as capas da sociedade (como se fai en calquera sociedade democrática co seu idioma oficial sen que a xente por iso perda a cabeza). Outra cousa é que o noso pobo non estea aínda preparado para asumilo.